Santiago de Compostela, Galicia, España (EU)
+34 654 604 588
info@curruchela.gal

Coidados

As xoias de Curruchela melloran cos anos

O ébano, o buxo, a bubinga, son madeiras duras e moi resistentes que se pulen e melloran de forma natural co uso ao longo do tempo. De todas formas, hai certos coidados que axudarán a que se manteñan sempre nas mellores condicións.

Contacta con nós se precisas que te axudemos co mantemento das túas xoias, darémosche a mellor opción para ti.

Sapo grande de dous corpos de ébano e turmalina

COIDADOS XERAIS

As xoias deben gardarse en lugar pechado e sen humidade. Se usas un pano para protexelas, asegúrate de non solte pelo.

MADEIRA

As nosas madeiras teñen acabado en cera natural de abella e aceite de camelia. Para manter o seu brillo natural satinado, pódelas pulir cun pano suave que non solte pelo. É posible que, co uso, sexa preciso poñer máis cera á túa peza. A cera aplícase cun pano suave ou cun pincel, con movementos circulares, e deixando secar por uns minutos antes de pulir para obter un acabado brillante. Contacta con nós se precisas axuda para o mantemento da túa xoia.

PRATA

Os ganchos dos nosos brincos son de prata 925 con ou sen baño de ouro. A prata é un metal nobre pero pódese oxidar e escurecer coa humidade e o suor. Nese caso, pódelos limpar cun paniño especial para prata.

sapo bubinga

ACEIRO E LATÓN

As arandelas que unen as pezas son de aceiro inoxidable, e só precisan de ser limpadas cun pano suave non abrasivo para que non se dane o lacado. O latón ten certa tendencia a perder brillo coa oxidación e límpase tamén cun pano suave non abrasivo. O pulido ou uso de produtos abrillantadores pode danar e manchar a madeira circundante.