Santiago de Compostela, Galicia, España (EU)
+34 654 604 588
info@curruchela.gal

Buxo

O buxo é unha madeira amarelada de cor crema, de veta moi fina cáseque imperceptible. É unha madeira de moita calidade e dureza que sempre foi coñecida en Galicia polas súas ventaxas para a fabricación de todo tipo de utensilios. O seu nome científico é “buxus sempervirens”.

É unha árbore pequena e moi ramificada que poucas veces alcanza os 12 metros, case podemos chamarlle arbusto. É orixinaria de Europa, aínda que tamén se atopa no norte de África.

A súa densidade e textura permiten obter xoias resistentes, ideais para un uso continuado, incluso sen tratamento. Son moitas as persoas que enxalzan as virtudes dos obxectos de buxo.

Cart Content:

0 items - 0,00 

Mostrando todos os 6 resultados