Curruchela
O valor da madeira
Curruchela é un pequeno obradoiro artesán onde nos adicamos a construír xoias feitas de madeiras valiosas a partir dos nosos deseños, inspirados na ourivería tadicional galega. É o noso modo de revalorizar e difundir a nosa cultura popular galega a partir de materiais naturais e sostibles.
Lorenzo Barreiro
Escultor
Marcos Lorenzo Barreiro (Santiago de Compostela,1973) é o impulsor principal deste proxecto, xunto coa escultora Iona Ibishi (Fier, 1997).
O seu obradoiro de Santiago de Compostela é o número 11477 do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
A historia de Curruchela
Marioliña era unha nena pequena, que sempre xogaba co seu pai no taller. Era unha neniña agarimosa, rideira e xeitosa: era un amor vela. O seu pai sentábaa quentiña nun currunchiño da mesa enriba dunha pequena caixa de madeira e dáballe un chusquiño de pan. Ela miraba para el cos seus olliños negros e grandeiros como arranxaba nos reloxos ensimesmado escoitando a radio, mentres roía no panciño ri, ri, ri.
Un día, mentres reparaba nun reloxo moi difícil, o seu pai apagou a radio para se centrar ben no choio. E no medio desa concentración que o absorbía, un ruidiño raro tróuxoo de volta á realidade. “Eiii, que fas aí nese curruncho rillando o currusquiño de pan currús, currús?”, dixo en voz alta seu pai sorrindo de lado, “ti és unha currruchela!” Marioliña estremeceu co susto e mirou ao seu pai, pero ao momento riu tamén e seguiu a rillar no pan. Ri, ri, ri, ri.
