O valor da madeira
En Curruchela dedicámonos a facer colgantes e brincos de madeira inspirados nos deseños da ourivería tradicional galega.

Estamos rodeados de madeira nas nosas vidas, todos os días e en todo momento.
Non só perdura na arte grandiosa, senon tamén en pequenos elementos moi prezados que levan con nós décadas, se cadra centos de anos, coma esa navalliña herdada que levaba toda a vida na casa.
Así son as xoias de Curruchela: cálidas, nosas, de sempre.
O NOSO DESEÑO, DESEÑO DE TODOS
En Curruchela facemos os nosos deseños baseados en pezas da ourivería tradicional galega conservadas en lugares senlleiros coma o Museo do Pobo Galego ou o Museo de Pontevedra.
MADEIRAS VALORADAS DE SEMPRE
Nos nosos productos empregamos madeiras coma o buxo ou o ébano, madeiras que melloran co uso cotián. Cada un destes materiais outorga unha beleza única e un significado especial a cada peza.
ACABADOS NATURAIS ARTESANAIS
Nutrimos e rematamos as pezas á man con productos naturais, coma aceite de camelia ou cera de abella. Son produtos sen contaminantes, óptimos para o contacto coa pel.
DESEÑOS RESISTENTES E PERDURABLES
Usamos madeiras moi duras e resistentes, e calibramos os grosos das pezas, para que as nosas creacións sexan perdurables e se convirtan en obxectos prezados.
PRODUTOS SOSTIBLES
Tanto os nosos produtos coma os nosos procesos son sostibles e de orixen natural. As madeiras que empregamos proceden de provedores certificados.
OBRADOIRO ARTESÁN GALEGO
Dende o noso pequeno obradoiro artesán en Santiago de Compostela deseñamos, facemos e distribuímos as nosas xoias de madeira.
A nosa tenda
Na nosa tenda online podes adquirir os colgantes e brincos que facemos. Farémoschos chegar nuns días ao teu domicilio.